Casa do concello

Concello_de_MondarizEnderezo: Rúa Merouces 16
36870 Mondariz (Pontevedra)
Teléfono: 986 664 306
Fax: 986 656 006
Email: info@concellodemondariz.com

 

Servizos Xerais

Horario: De luns a venres de 08:00 h a 15:00 h.

Policía Local

O Corpo de Policía Local do Concello de Mondariz está integrado por dous axentes, e as súas dependencias atópanse na planta baixa do Consistorio.

Para contactar directamente, deben dirixirse ó teléfono 680 461 151

PROTECCIÓN CIVIL

Protección civil é un servizo público que protexe ás persoas e bens ante os distintos tipos de emerxencias e catástrofes orixinadas por causas naturais ou derivadas da acción humana.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) é unha institución do teu concello que fai labor de protección civil contando coa colaboración de xente voluntaria no seu tempo libre.

OMIX

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) é un recurso que o Concello de Mondariz pon a disposición de tódolos xoves para poder resolver tódalas dúbidas que teñan sobre aqueles temas que lles preocupan e interesan para a súa vida presente e futura.

¿Qué facemos?

A orientación e o asesoramento é a base do noso traballo, por iso calquera mozo/a que se acerque pola oficina, atopará información de temas de interese coma: formación, emprego, asociacionismo, bolsas e axudas, vivenda, campamentos, excursións/viaxes, turismo, premios e concursos, voluntariado e un largo etc….

Ademais, tamén organizamos e ofertamos actividades, tanto formativas como lúdicas, que completan a súa formación e enchen dun xeito san e produtivo o seu tempo de lecer.

A OMIX pretende ter un contacto estreito e continuo con tódolos/as xoves que estean interesados/as en por en marcha un proxecto, en ampliar a súa formación, acceder ó mercado laboral, independizarse ou simplemente participar nas actividades lúdicas ou culturais que se organizan a calquera nivel.

Na OMIX tamén se fai a tramitación do Carné Xove.

O horario de atención ao público da OMIX é de luns a venres de 9 a 14h.

Datos de contacto:

Dirección: R/ Merouces, 16
36870 Mondariz (Pontevedra)

Teléfono: 986664306

Fax: 986656006

Correo electrónico: omix@concellodemondariz.com

Facebook: www.facebook.com/omix.mondariz

OMIC

A Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC) é un servizo municipal de atención directa e gratuíta, a través do cal tódolos/as habitantes do concello poden solicitar información sobre os problemas que poidan afectarlles como consumidores/as.

Os seus obxectivos principais son:

Informar e orientar aos/ás consumidores/as sobre o exercicio dos seus dereitos.

Recibir denuncias e reclamacións dos/as consumidores/as.

Facilitar información sobre educación e formación en temas de consumo.

A OMIC atenderá e tramitará as queixas, reclamacións e denuncias dos/as consumidores/as realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflitos e a promoción e información sobre o Sistema Arbitral de Consumo.

O horario de atención ó público da OMIC é: De luns a venres de 09.00 h a 14.00 h

Datos de contacto:

Dirección: R/ Merouces, 16
36870 Mondariz (Pontevedra)

Teléfono: 986664306

Fax: 986656006

e-mail: oficinadeconsumo@concellodemondariz.com

URBANISMO

A oficina técnica municipal presta información e servizo sobre tódolos temas relacionados co urbanismo do Concello de Mondariz, así como a tramitación de licenzas, información e documentación do planeamento vixente, e outros trámites relacionados.

Os trámites máis destacados son:

Consultas e información urbanística.

Comunicacións previas.

Licenzas de obra.

Licenzas de actividade.

Equipo técnico:

Un arquitecto técnico

Unha arquitecto

Horarios de atención ao público:

Martes: de 12:00h. a 14:00h.

Mércores: de 10:00h. a 14:00h. (previa cita).

Información:

Teléfono: 986 664306

E-mail: arquitecto@concellodemondariz.com

A AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) é un servizo público e gratuíto, de carácter transversal, que ten, entre outras, as seguintes competencias:

Prospección de recursos e proxectos de desenvolvemento económico,  divulgación e fomento de oportunidades, asesoramento na elaboración de informes sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de creación de empresas. Promoción e implantación de políticas activas de emprego.

En definitiva, o AEDL encárgase de planificar e xestionar todos aqueles aspectos favorecedores do desenvolvemento socio-económico do Municipio.

Enderezo:

Rúa Merouces 16

36870 Mondariz (Pontevedra)

Horario: 09:00h-15:00h

Contacto: 986 66 43 06

t.emprego@concellodemondariz.com