Castelo de sobroso

O Castelo de Sobroso está situado na ladeira do Monte Landín (42.205996, -8.463633), a 334 metros de altura, presidindo o propio territorio do pobo sobroseño. Desde as súas torres divísanse máis de cincuenta aldeas de Gali- cia ata a fronteira de Portugal. Desde aquí controlábase o acceso ao territo- rio medieval de Turonio, cuxa cidade máis valiosa era Tui. O castelo, do que existen noticias desde o ano 1117, estivo vinculado á historia da raíña Urraca, quen foi cercada neste castelo polos partidarios do seu fillo e a súa irmá Te- resa de Portugal, pero conseguiu fuxir e volver a Santiago de Compostela, tal e como se relata na Historia Compostelá.

Foi practicamente destruído entre 1454-1474 durante as Guerras Irmandiñas que apoiou o rei Enrique IV e posteriormente reconstruído no século XV por orde de Diego García Sarmiento. Pouco despois Pedro Madruga apoderouse del, pero perdeuno durante o seu cativerio en Benavente, de aí que optara por cons- truír o Castelo da Picaraña para vixialo. Paulatinamente a súa importancia estratéxica foise reducindo, perdendo o seu papel militar, e a partir do século XIX quedou abandonado, momento no que Emilia Pardo Bazán, nunha das súas visitas (1874) escribe:

“vi con pena que el viejo y romántico vigía de las rocas, el torreón de Sobroso se ha desmoronado mucho más, y que sus nobles almenas se inclinan como la decrépita cabeza que no puede ya sostenerse en los hom- bros del guerreo inválido y centenario; mientras la invasora hiedra oculta por completo las media lunas y los roeles del escudo que campea sobre la puerta de honor”.

En 1923 é comprado por Alejo Carrera, un veciño de Vilasobroso, que dedicou boa parte da súa fortuna á restauración deste monumento. Posteriormente o concello de Ponteareas adquiriuno en 1981. Actualmen- te é a sede do Centro de Recuperación da Cultura Popular, o que permite contemplar varias exposicións sobre oficios tradicionais como o de cesteiro ou zoqueiro, sobre o proceso tradicional de confección do mel, a cera ou liño, e unha colección de traxes tradicionais.

A muralla exterior actual data do século XV e abarca 140 m de extensión. Un foso que non ten carácter defensivo precede á porta de acceso ao recinto. Dentro del veremos unha pequena capela moderna.

Á porta do corpo residencial ascéndese por unha escalinata con planta de exedra e éntrase por baixo dun arco apuntado coroado pola pedra armeira dos Sarmiento de Valladares. Nada máis entrar atoparemos unha sala onde poder mercar produtos artesanais da comarca. Nas salas residenciais observaremos unha coidada ornamentación, con armaduras, mesas e cadeiras ambientadas na época. No interior moitas das pedras conservan as marcas dos canteiros que deixaban constancia do seu traballo para poder cobrar.

Para entrar na torre da homenaxe, de doce metros de altura, farémolo polo exterior destas salas residen- ciais. Na planta baixa da torre poderemos baixar a unha estancia onde se atopa un profundo pozo de can- taría que se utilizaba como depósito de auga. No segundo andar localízase unha recreación dun cuarto de durmir e dunha cociña tradicional galega. Desde o alto do torreón podemos divisar unha vasta zona da co- marca do Condado e do concello de Mondariz. Xunto co Castelo de Soutomaior e o Castelo de Monterrei, a do Sobroso é a fortaleza de orixe medieval que mellor estado de conservación presenta no sur de Galicia.

Camiñante que ó cume de Sobroso / chegaches soñador e saudoso / nesta
hora do serán / corta unha galla de sobreira escura / e pona, en honra miña,
con dozura / ó pé desta ventá

Ramón Cabanillas

castelo