O Concello de Mondariz vén de poñer en marcha o Plan Municipal de Formación que ofrecerá, dende este mes de abril e ata setembro, un total de sete cursos dirixidos a persoas empadroadas no municipio. Aínda que poden participar traballadores/as en activo, terán preferencia as persoas en situación de desemprego.

O curso de Informática Básica. O curso cun total de 30 horas lectivas, impartirase nas instalacións da Biblioteca Municipal do 24 de abril ao 30 de maio.

Manipulador de Alimentos. Esta actividade formativa, de carácter totalmente gratuíto e 3 horas lectivas, impartirase nas Aulas da Escola de Vilar en dúas datas: o 27 de abril e o 9 de xuño.

Acompañante de transporte escolar. Contará cunha duración de 40 horas lectivas e impartirase nas Aulas da Escola de Vilar entre o 16 de maio e o 1 de xuño.

Prevención de riscos laborais. Especialidade Albanelería a desenvolver entre o 22 e o 30 de maio nas Aulas da Escola de Vilar.

Preparación de proba libre ESO para adultos. O curso impartirase entre o 4 de maio e o 5 de setembro con clases os martes e xoves no Centro Social en horario de 10 h a 13 h.

Informática avanzada a impartirse entre o 12 e 13 de xuño, os luns, mércores e venres de 9:30 h a 12:30 h na Biblioteca Municipal.

En todos os cursos, as persoas desempregadas e empadroadas en Mondariz terán prioridade á hora de participar nos mesmos. As que non cumpran estes requisitos, poderán inscribirse igualmente e pasarán a formar parte dunha lista de espera.

Dado que as prazas son limitadas, no caso de haber máis solicitantes que prazas dispoñibles, a orde a marcará a presentación da inscrición no Rexistro do Concello.

Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á OMIX de Mondariz.