Parroquia de Lougares

A parroquia de Lougares (a 4,8 km da vila de Mondariz) está formada polos barrios de Cabirtallo, Os Ca- sares, O Couto, O Cruceiro, O Porrón, A Chouteira, Outerelo e Santa Baia do Mato, nos que habitan uns 350 veciños. O seu nome pode proceder do verbo longar (longo), en referencia á súa extensión física, non en van aparece referido como Longares en 1850.

A de San Fiz é unha das mellores igrexas do concello(42.235946,-8.414662); levantadanoano 1761 nela encontraremos a imaxe do seu patrón. A súa fachada loce un deseño barroco, flanqueada con pilastras, friso e coroada por un frontón semicircular partido. No exterior 1 destacan os acobadamentos da porta de acceso, así como un reloxo de sol e un brasón. No seu interior 2 atopamos dúas xoias moi infrecuen- tes: unha bóveda estrelada cubrindo a ábsida e un retablo pétreo de estilo barroco compostelán na cape- la Norte. Na aldea de Santa Baia podes visitar o edificio da antiga sede da Sociedade de Agricultores (42.229053, -8.402135) que nos fala do importante asociacionismo agrario que tivo Galicia no primeiro terzo do século XX.

Cruceiros e Petos de Ánimas. Das almiñas ou petos de ánimas podería dicirse, como dicía Castelao dos cruceiros, que son auténticas oracións en pedra. En Lougares atopamos algúns dos máis orixinais de Mon- dariz, entre os que destaca o do barrio de Cabirtallo 3 (42.222818, -8.416932) levantado no ano 1866, e único con retablo de azulexo pintado de influencia portuguesa. No lugar da Igrexa sitúanse un peto de áni- mas e un cruceiro 4 dobremente figurado no que destaca a representación da Virxe en actitude de oración.

Pasos de Tatín. 5 En diversos lugares do río, a dificultade que entrañaba a construción de pontes en lu- gares de difícil acceso, fixo que o ser humano habilitara pasos ou poldras sobre o leito fluvial en forma de pedras dispostas a unha curta distancia que facilitan o paso. Tamén eran utilizados para a pesca, que anta- no era unha das fontes de alimento do val do Tea. Peixes como a lamprea, a troita ou o salmón, abastecían antano á poboación. Un exemplo son os Pasos de Tatín (42.242024, -8.425680), que permiten atravesar o río Tea unindo as parroquias de Lougares e Sabaxáns. Os pasos rodéanse de natureza e xunto a eles existe un muíño rehabilitado, formando un conxunto único na comarca.

lougares