Parroquia de Meirol

Meirol é unha parroquia que ten 190 habitantes, repartidos nos barrios da Amil, Os Campados, O Crucei- ro, O Carballal, Filgueiras, A Goleta, Montecelos, A Penalonga e A Vermella. O topónimo Meirol parece derivar do xenitivo dun antropónimo (Marioli?). Por esta parroquia transcorre o Camiño da Franqueira, polo que desde hai centos de anos, milleiros de persoas emprenden camiño unha vez ao ano ata o santua- rio homónimo. É unha parroquia cun gran sentido relixioso pois conta con numerosas almiñas ou petos de ánimas labrados en pedra, auténticas xoias da arquitectura popular tradicional 1, como por exemplo o cruceiro e peto de ánimas de Montecelos (42.213732, -8.417342), ou o peto de ánimas de Filgueiras 2 (42.209716, -8.415455).

Igrexa de Santo André. 3 (42.211753, -8.416345) É unha construción datable na segunda metade do século XVIII, na que cabe destacar a súa porta barroca, rodeada cunha vistosa guarnición con orelleiras nos ángulos. Sobre a porta unha fornela que acolle unha imaxe recente do santo titular, Santo André, coa súa característica cruz en aspa, seguido dun reloxo e a espadana. Esta é de dobre oco e aparece coroada por un frontón triangular e pináculos. O máis característico deste templo é o acceso exterior ao campanario, realizado a través dunha escalinata granítica de dobre tiro, así como a harmoniosa ordenación do adro, orlado con fermosas sepulturas de finais do século XIX e primeira metade do XX.

Meirol está atravesada polo río Xabriña, formando fervenzas e paisaxes de gran encanto, que che permi- tirán acceder ao sendeiro fluvial de Queimadelos (río abaixo) e Mouriscados (río arriba). Diseminados po- las beiras do río podemos encontrar diferentes muíños sen uso, a maior parte deles no Xabriña, aínda que outros como o da Goleta 4 (42.206113, -8.413458) aínda moen grazas a unha levada que se pode percorrer.

A Moura Encantada. 5 O castro do Coto da Moura (42.214110, -8.425570) ten forma circular. Consta dun recinto principal rodeado dunha muralla con altura media de 10 m. e por baixo desta unha combina- ción de foxos e parapetos que tamén o rodean en todo o seu perímetro, desaparecendo soamente na cara sur. A altura media dos parapetos é de 3 m.

 

meirol