Parroquia de Mouriscados

Esta parroquia ten 268 habitantes, repartidos nos lugares de Crespos, Fontán, Fontebalán, Poñe, San Xoán e Campo de Mouro. A arquitectura tradicional deste último é das máis sobranceiras de todo o termo mu- nicipal. O nome da parroquia pode derivar do mozárabe Maurisko, mouro converso, que, ao igual que Mouro, foi tamén nome persoal dun posesor medieval.

A igrexa parroquial, 1 dedicada a San Cibrán, (42.188736, -8.412561) data do ano 1695, e presenta unha porta recercada por unha guarnición refundida e acobadamentos superiores. O seu frontis presenta como coroamento unha esvelta espadana formada por dous corpos flanqueados por volutas, o inferior de dobre arco peraltado; sobre este elévase outro, con arco de medio punto e frontón triangular como remate que serve de apoio a unha estrutura metálica que acolle a campá do seu reloxo mecánico, de grandes dimensións. No interior destaca o retablo barroco que preside o altar maior pero, sobre todo, o fabuloso frontal de altar gótico 2 sobre o que ten lugar a consagración, unha peza única no contexto da diocese.

Mouros e cristiáns. Nesta parroquia son moi populares as súas Danzas Brancas 3, que se bailan sobre o palco da música de Campo de Mouro, así como a Representación da loita entre o Mouro e o Cristián 4 que se leva a cabo como auto sacramental a mediados do mes de agosto. Tamén cabe destacar o conxunto de cruceiro e peto de ánimas situado no torreiro da festa (42.188871,-8.414700), moi preto da igrexa parro- quial, co Cristo crucificado 5 e a cabeza inclinada -sorprendentemente- cara á esquerda, o lado do pecado.

Nas inmediacións do río Xabriña atopamos o núcleo de San Xoán 6 (42.192408,-8.399284), desde onde se accede á magnífica área recreativa fluvial de Campo do Río. Se vos gusta camiñar este é punto de partida ideal do excepcional sendeiro etnográfico deste río, onde encontramos numerosos muíños recupe- rados e unha paisaxe verdecente que non esquecerás.

mouriscados