Enderezo: Rúa Ramón y Cajal s/n
36870 Mondariz (Pontevedra)
O Concello de Mondariz aposta por potenciar o deporte non só como competición se non tamén como forma de vida saudable.
Deste xeito, a Concellería de Deportes ten como obxectivos consolidar e mellorar a organización das probas deportivas existentes e fomentar a ampliación da práctica deportiva mediante as escolas, a tódalas idades e municipios e mellorar as infraestruturas para que se realice en boas condicións. Así mesmo, colabora economicamente cos clubes locais. ademais de participar en eventos relacionados co deporte.
- Instalacións deportivas:
- Pavillón
- Campo de fútbol A Lagoa
- Piscina
- Pistas polideportivas (Praia do Val).