Plenos

O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal.

Dentro das súas tarefas de fiscalización e control dos órganos de gobernos, está a votación das mocións de censura, as aprobacións e modificacións de regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, regulamentos municipais, etc.

O pleno do Concello de Mondariz celébrase o último sábado dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro ás 10 da mañá no salón de actos do concello.