Praza de abastos

O edificio, construído no ano 1927, albergou ó longo de moitos anos unha importante cantidade de transaccións, das que foron testemuña de excepción, todos os veciños e veciñas.

Conscientes da importancia da conservación do patrimonio histórico, e cunha clara perspectiva de futuro e revitalización destes importantes bens históricos e culturais, a finais de 2010, o Concello acometeu unha reforma estrutural de grande calado, consistente no cambio de cuberta.

Todas estas actuacións, perseguen unha clara aposta polo Apoio e Promoción do Comercio, así como do Fomento e Promoción do Comercio Local.

Enderezo: Avda. de Portugal s/n
36870 Mondariz (Pontevedra)

Para máis información sobre este servizo municipal pode dirixirse a casa do Concello.