Gargamala
A parroquia de Santa María de Gargamala, de 14,84 km2 de extensión, limita con Fornelos de Montes cara ao norte e coas parroquias de Riofrío, Sabaxáns, Frades e Toutón. Ten unha poboación censada de 337 habitantes (2013), repartida en seis barrios (Barro, Boente, Barral, Mourelle, Rúa, Soutiño e Vedrelos).
