Saúda do alcalde

alcaldeEsta páxina é o reflexo da filosofía de traballo deste Goberno que quere facer as cousas dende a transparencia e o diálogo permanente cos veciños e veciñas. Sacar adiante Mondariz, facer do municipio ese lugar que todos desexamos, dinámico e vivo, un lugar para que os nosos fillos e fillas vivan e medren. Iso non é traballo so dun Goberno, é traballo de todo un pobo na procura dun obxectivo común e beneficioso para todos e todas.

Internet proporciónanos unha ferramenta, case que imprescindible no século XXI, para desenvolver este proxecto común. Nesta páxina poderedes estar ao corrente de todas as xestións que fagamos dende o Goberno local, e será tamen unha canle permanente de comunicación no que enviar as vosas suxestións, ideas e tamén as cousas que non vos gustan ou que, ao voso entender, habería que modificar.

So coa opinión de todos e todas, poderemos desenvolver o Mondariz que desexamos, un Mondariz con veciños e veciñas que traballan para conseguir facer, deste municipio do que nos sentimos orgullosos, o fogar común.

Agardamos que a información facilitada sexa do agrado de todos e todas, e para os que non nos coñecen aínda, sexa unha invitación para que escollan Mondariz no seu próximo destino.