Sendas fluviais

Praia fluvial do Val
Parroquia de Riofrío

Situada á beira do río Tea (42.236644, -8.460799), é unha área deportiva e de baño moi popular no muni- cipio. Esta área recreativa é un lugar ideal para iniciar o sendeiro fluvial do Tea, tanto río arriba, en direc- ción á Ponte de Cernadela, como río abaixo, camiño de Mondariz Balneario e Vilar.

 

sendas_1

 

 

Sendeiro do río Aboal
Parroquia de Riofrío

Na parroquia de Riofrío ten inicio o sendeiro fluvial do Río Aboal (42.239006, -8.468805) que atravesa as parroquias de Riofrío e Frades ao longo de 3,29 km. Este sendeiro conecta tamén co sendeiro do río Tea que une Mondariz con Mondariz Balneario e Ponteareas.

 

sendas_2

 

 

Sendeiro do río Xabriña
Parroquia de Mouriscados

Desde San Xoán pódese iniciar o tramo medio do sendeiro. O roteiro, de 3 km, escomeza no merendeiro do Campo do Río (42.19354, -8.39913). Se che apetece camiñar, augas abaixo descubrirás unha decena de muíños hidráulicos recuperados pola veciñanza nun contorno de alta calidade paisaxística e ambiental.

 

sendas_3

 

 

Pontes, pasos e pontellas

No transcurso do paseo polos ríos atoparás pontes monumentais como a do Val no Tea, e outras máis mo- destas como a da Poeira, preto da praia fluvial do Val, pero tamén pasos ou poldras para non mollar os pés. Hante sorprender os exemplares de Portavilar, (na imaxe) e Nota (Vilar) ou Tatín (Lougares).

 

sendas_4