Parroquia de Toutón

Esta parroquia, situada a seis km do centro urbano de Mondariz, conta con 296 habitantes residentes nos barrios de Aboal, Festín, O Quinteiro, As Laxes, Lordelo, A Lucía, Requeixos, Portacurbo e A Xesteira. O seu nome deriva da raíz prerrománica tout- sinónimo de “outeiro”, “lugar elevado”.

A igrexa de San Mateo 1 (42.255987, – 8.492952) data do ano 1713. Porta de entrada baixo arco alin- telado flanqueada por pilastras caixeadas xónicas, que resultan excepcionais na arquitectura da diocese. Sobre estes soportes corre un friso, decorado con decoración vexetal que dispón no seu centro unha grosa folla de acanto que ocupa tamén a clave da porta. Sobre ela a imaxe de San Ramón 2. A carón do templo parroquial podes admirar un cruceiro figurado 3 erguido no ano 1711 no que destaca o seu capitel corintio (con tambor de follas de acanto coroado por volutas nos ángulos) decorado con espirais e, no cumio, unha Virxe das Angustias sedente co seu fillo sen vida no colo. Outro dos cruceiros imprescindibles de Toutón é o Cruceiro Pintado 4 (42.252571, – 8.488109), nome que nos recorda que estivo policromado. Erguido no ano 1635 no lugar do Cruceiro, nel destaca o seu fuste estriado, chantado sobre unha base cúbica na que se labran tibias e caveiras, e no cumio un Cristo crucificado e unha Virxe das Angustias co fillo morto no colo sobre un pousadoiro en forma de media lúa.

A calidade da súa arquitectura tradicional e indiana 5 fai que pague moito a pena visitar a aldea de Fes- tín (42.280763, – 8.486147), un lugar excepcional no que o visitante atento fará seus os valores das casas dos brasileiros que tantas achegas económicas e culturais deixaron en Festín e nos concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes.

No mes de febreiro, a fin de semana máis achegada ao 14 de febreiro, ten lugar o Serán dos Namorados. Despois do xantar celébrase a tradicional Corrida do Galo 6, que consiste nunha peculiar procesión, xa na que en lugar de levar un santo, lévanse dous galos acompañados dunha parella de nenos: o rei e a raíña das festas. A continuación, sóltase nun campo o galo e algunhas galiñas que os rapaces intentarán coller sen facerlle ningún dano, e quen os capture os leva de premio. Finalmente faise a lectura do testamento do galo e tamén se len versos satíricos. Para rematar máis música tradicional e festa rachada!

 

touton