Árbore S. Coop. Galega, levou a cabo unha labor para a posta en valor dos petróglifos de Pé de Mula, en Sabaxáns.
Para máis información pincha no seguinte enlace: Traballos de posta en valor dos petróglifos Pé de Mula
Traballos de limpeza nos Petróglifos de Pé de Mula GA36030003 rochas 1 e 2. Fotos do proceso de traballo
GA36030003 rocha 1. Esta rocha caracterízase por conter gran número de gravados de corte histórico realizados cun obxecto metálico. Os gravados consisten maioritariamente en cruces, letras e bestas.
GA36030003 rocha 2. Rocha caracterizada por ser das mais grandes de Galicia e por estar profusamente gravada. Contén gravados prehistóricos de carácter xeométrico (círculos, coviñas, labirintos, distintos tipos de liñas) posibles inscripcións de carácter romano, e gran número de grabados históricos medievaisou modernos como cruces e bestas. A maiores presenta diferentes motivos de difícil adscripción.