Mondariz, auga de amores

mapa

Un líquido descanso

Mondariz é famoso en toda a península Ibérica, cando menos desde 1873, ano no que se descubriron as súas famosas augas minerais. A partir desa data os visitantes do seu balnea- rio tiveron oportunidade de descubrir os tesouros do seu pasado: o castelo medieval de So- broso, a monumental ponte de Cernadela, a ampla rede de sendeiros fluviais que ofrecen os seus ríos, o saber facer de bogardeiros (cesteiros na xerga gremial local), ou os danzantes das festas de San Roque e a epifanía.

Situado a 30 minutos do aeropuerto de Vigo e da fronteira portuguesa de Monção, Monda- riz e o seu balneario foron visitados con frecuencia por algúns dos grandes nomes do século XIX e XX (Azorín, Castelao, Isaac Peral, Fernández Flórez…), “los descalabrados de las le- tras, de la política y del arte”, en palabras dunha das súas incondicionais agüistas de verán, a condesa Pardo Bazán. José Echegaray, o matemático e Nobel de Literatura hispano, dixo deste destino:

“…esto no es un balneario, es el palacio de las aguas…”

Pero Mondariz non é unicamente auga e descanso. É outras moitas cousas, orixinais e au- ténticas. Oficios tradicionais, danzas ancestrais, monumentos icónicos e espazos naturais tan valiosos que foron incluídos na Rede Natura 2000 pola Unión Europea. Vexamos al- gunhas delas…

diciembre 2017
L M X J V S D
« Oct    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031