Parroquia de Vilasobroso

Vilasobroso, do latín suber, suberis ‘sobreira’. Nesta parroquia viven 366 habitantes epartidos nos lugares do Prado, O Calvario, A Corredoura, O Cruceiro, As Chans, As Chouselas, A Pena, Saniñáns e Veigadraga. Vilasobroso é a única parroquia de Mondariz que cambiou de denominación -en 1926-, cando era coñeci- da, cando menos desde 1170, polo nome de San Martiño da Portela.

O último domingo de agosto celébrase unha festa en honor a Santa Lucía. Foi declarada Entidade Local Menor en setembro de 1924 e, xunto a Queimadelos, son dúas das nove que existen en Galicia.

A súa igrexa parroquial 1 foi construída en 1763 baixo a advocación de San Martiño. Presenta planta de cruz latina, cunha sinxela cuberta a dúas augas, destacando o seu frontispicio, que se remata mediante unha esvelta espadana, de dobre arco, coroada por un frontón triangular. Nas súas proximidades localízase un palco da música e un cruceiro 2 e 3 –complementado cun peto de ánimas– de extraordinario valor etnográfico.

Vilasobroso destaca pola súa excepcional arquitectura residencial 4, conformada por casas grandes tradi- cionais e da beira da estrada que nos falan dos seus promotores: veciños emprendedores que puxeron en marcha empresas ou emigraron a Lisboa ao longo do século XIX e principios do XX para prosperar social e economicamente.

Ao pé do río Fragón localízase o Castro das Chans 5, unha aldea fortificada da Idade do Ferro situada a 200 metros de altura. O castro ten unha forma lixeiramente oval e unhas dimensións de 125 x 112m. Todo o recinto está cinguido por unha muralla, que alcanza a maior altura na zona oeste, chegando aos 10 m de altura.

 

 

vilasobroso