Petróglifo de Campo Redondo
Parroquia de Gargamala
Localízase no monte comunal da parroquia de Gargamala (42.270621, -8.445984), o seu nome alude á tipoloxía de motivos que cubren esta preciosa laxe situada a ras de chan. Chegarás camiñando despois de deixar o coche no inicio da pista forestal que te levará a el (42.269657, -8.450362).

Laxe do Calco: M. Alfonsín Esperón
Parroquia de Gargamala
Situado a 400 m ao noroeste da estación anterior (42.273793, -8.448965), o seu nome pode ser aumentativo de “áspera”, topónimo frecuente que parece derivar do latín “terra aspera”, en referencia a unha terra difícil de traballar. Loce centos de motivos insculturados de orixe prehistórica e medieval, entre os que destacan as béstas.

Pé de Mula
Parroquia de Sabaxáns
A 0,5 km ao norte da igrexa, localízase nun outeiro o complexo rupestre (42.266669, -8.420712), que goza dunha espléndida vista sobre o val do río Tea. Presenta características únicas: unha misteriosa inscrición (CURA- TOR), unha combinación circular en forma de pátera, e tamén o meirande labirinto de Galicia.

Árbore S. Coop. Galega levou a cabo unha serie de traballos para a posta en valor de estes petróglifos. Para máis información pincha no seguinte enlace: Traballos de posta en valor dos petróglifos Pé de mula
Traballos de limpeza nos Petróglifos de Pé de Mula GA36030003 rochas 1 e 2. Fotos do proceso de traballo











GA36030003 rocha 1. Esta rocha caracterízase por conter gran número de gravados de corte histórico realizados cun obxecto metálico. Os gravados consisten maioritariamente en cruces, letras e bestas.



GA36030003 rocha 2. Rocha caracterizada por ser das mais grandes de Galicia e por estar profusamente gravada. Contén gravados prehistóricos de carácter xeométrico (círculos, coviñas, labirintos, distintos tipos de liñas) posibles inscripcións de carácter romano, e gran número de grabados históricos medievaisou modernos como cruces e bestas. A maiores presenta diferentes motivos de difícil adscripción.







Chan de Campo de Mouro
Parroquia de Mouriscados
En Mouriscados podemos visitar a Área Arqueolóxica da Chan de Campo de Mouro (42.186400,- 8.418906), a maior necrópole neolítica de todo o concello de Mondariz, conformada por unha ducia de mámoas, un par de petróglifos e un asentamento fortificado en altura datado na Idade do Bronce.

