O edificio, construído no ano 1927, albergou ó longo de moitos anos unha importante cantidade de transaccións, das que foron testemuña de excepción, todos os veciños e veciñas.
Conscientes da importancia da conservación do patrimonio histórico, e cunha clara perspectiva de futuro e revitalización destes importantes bens históricos e culturais, a finais de 2010, o Concello acometeu unha reforma estrutural de grande calado, consistente no cambio de cuberta.
Todas estas actuacións, perseguen unha clara aposta polo Apoio e Promoción do Comercio, así como do Fomento e Promoción do Comercio Local.
Enderezo: Avda. de Portugal s/n
36870 Mondariz (Pontevedra)
Horario: aberta de luns a domingo de 09:00 a 14:00 horas.
Neste espazo atoparedes diversos postos adicados a venda de productos de alimentación como carnicerías, peixarías e fruterías.


