Ponte de Cernadela

É un dos monumentos (42.239483, -8.448224) imprescindibles de Mon- dariz e, pola súa fermosa factura, unha das pontes máis icónicas de Galicia. Recibe a súa denominación do barrio que se localiza na parroquia de Rio- frío, cuxo nome deriva do latín cinerare, en alusión ao terreo deforestado mediante a queima para convertelo en terra de cultivo.

A ponte, de rasante alombada e orixe medieval, sufriu modificacións ao longo do tempo, sendo totalmente reformada no século XV. Os cinco arcos conservados son de estilo oxival, excepto un, que loce arco de medio punto. A lonxitude total da ponte alcanza os 70 m, e nela debeuse pagar portaxe como evidencian algunhas pedras do seu peitoril. Servía de paso da Verea, un camiño medieval que unía a comarca do Ribeiro co porto de Redondela e por ela pasaban os arrieiros que comerciaban con viños e peixe.

Esta ponte presenciou moitos bautismos prenatais a través dos séculos, pois existe a crenza de que tras un ritual especial, propicia a concepción de parellas con problemas para concibir tras un ou varios partos frustrados.

ponte_2